Loreto Núñez

Gran inicio de UBUNTU LIFE co seu campamento de vela na Ría de Camariñas

Sobre 20 rapaces e rapazas de distintos lugares da provincia da Coruña e mesmo de Lanzarote, están ata o 8 de setembro na I Convivencia Náutica Costa da Morte 2019 organizada por UBUNTU LIFE. Incluimos vídeo.

I Campamento de Vela en Camariñas entre o día 1 e 8 de setembro

O Campamento denominado "I Convivencia náutica Costa da Morte 2019" está organizado pola empresa UBUNTU sendo unha das que o dirixe, Loreto Núñez Varela, 6 veces campiona galega de vela na clase Europa (2001-2007) e 6ª praza no Campionato do Mundo da clase Snipe (2010).