O Club Náutico de Camariñas vivio de novo unha xornada histórica tendo os kayaks como protagonistas absolutos

Éxito e Récord no VI Descenso en Kayak Ponte do Porto-Camariñas

|


Descenso kayak 2018


Dende o Dpto. de comunicación do Club Náutico de Camariñas, fan chegar a seguinte nota de prensa sobre o VI Descenso en Kayak Ponte do Porto-Camariñas que tivo lugar este sábado, 28 de xullo:



Dende o Club Náutico de Camariñas queremos felicitar aos participantes do VI Descenso de Kayak Ponte do Porto-Camariñas organizado polo propio Club Náutico (Alberto Ayora e Alberto Luaces directivos responsables do evento), así como as entidades colaboradoras para que fora posible a realización do evento, que resultou todo un éxito de participación e organización, con 180 participantes que fan deste número, un novo récord en canto a inscricións.


Despois da hora e media de travesía que transcurrio dende a ponte de Ponte do Porto a praia do Ariño en Xaviña, seguindo a praia de Lingunde en Camariñas e rematando coa chegada ao Club Náutico de Camariñas, era o turno da reposición de forzas a base de bebida, empanada e riquísimo churrasco que fixo recuperar case de inmediato a enerxía dos participantes, felicitando e dando as gracias ao equipo de tres persoas que estiveron nas parrillas e no servizo de mesas, axudando desinteresadamente para que esto fora posible. Tamén se dispuxo de folletos con publicidade do propio Club Náutico e dos museos na Costa da Morte, así como regalo para os máis pequenos do xogo de tres en raia co colaboración da empresa Suministros Lar de Cee.


Temos que indicar que a organización dispón dun bolso dun dos participantes que lle quedou olvidado na zona do Náutico, e por elo, poden poñerse en contacto ao número 618 950557 para a súa entrega.


Un ano máis, o Club Náutico de Camariñas contribuio a reforzar o turismo náutico na Costa da Morte cun evento que sigue marcando récords e que para o 2019 sin dúbida será unha boa ocasión para alcanzar novos retos. Así xa o plantean os responsables do evento, Alberto Ayora e Alberto Luaces, directivos do Club Náutico da sección deportiva.


Nos próximos días daremos conta de importantes novidades tanto sobre o propio Club Náutico e actividades deportivas así como o Bar Náutico.