A pesares do mal do domingo, os actos contaron coa presencia de numeroso público

O Rei Alfonso IX desembarcou en Camariñas para o "Encaixe no Camiño"

|


IMG 20180728 112559


Foron dous días intensos en Camariñas, cunha nova edición do "Encaixe no Camiño" que organiza cada ano a Asociación de Empresarios e de Promoción turística de Camariñas, en colaboración co Concello de Camariñas e outras entidades relevantes.


O punto forte da primeira xornada tivo lugar sobre ás 11,00 h. coa recreación do desembarco do Rei Alfonso IX no porto de Camariñas e onde se deron os discursos oficiais de inicio do evento coa Presidenta da Asociación de empresarios, Olga Campos, así como o rexidor camariñán, Manuel Valeriano Alonso, e que posteriormente se achegaron á praza do mercado para continuar coa recreación histórica a cargo do grupo de teatro Dequenquén.


Finalizada a recreación, ducias de persoas ataviadas adecuadamente para situarse na época medieval, camiñaron ata Cereixo, facendo paradas en Xaviña e a Ponte do Porto. En Cereixo tivo lugar unha nova representación para facer de novo a viaxe en autobús, non sendo un medio da época, pero necesario para chegar a tempo no século XXI.


O Domingo, a pesares do mal tempo reinante, levaronse a cabo os actos previstos, coa representación da chegada do Encaixe a Camariñas así como o desfile da diseñadora María Campaña, o cal tivo que facerse na Casa de Pedra.


Según indicaba a propia Presidenta da Asociación Empresarial a Radio Nordés, o vindeiro ano faranse algúns cambios para que a programación sexa máis áxil, como por exemplo a camiñata a Cereixo, que poderia trasladarse a outra hora, pero sin dúbida, estamos ante un evento que ano  tras ano concita o interese de centos de persoas do Concello de Camariñas e dos propios visitantes que se encontran na Costa da Morte.



IMG 20180728 113526