Centos de persoas degustaron unhas 2.000 racións de "Caldo de Riola"

A Ponte do Porto disfrutou do seu gran "Caldo de Riola"

|


Caldoderiola 2011

(Imaxe de 2011- http://noticiaspontedoporto.blogspot.com)


¿Qué se pode facer con 400 kilos de carne, 300 e pico de patas e 50 de fabas?... pois o "Caldo de Riola" máis rico do mundo e nunha pota tamén de récord para tanto kg. de ingredientes.


Este sábado, 28 de xullo, despois das recreacións medievais en Camariñas polo "Encaixe no Camiño", a exposición de Mar de Fábula en Camelle, o VI Descenso en Kayak Ponte do Porto-Camariñas, chegaba o turno para o gran "Caldo de Riola", unha aposta gastronómica moi apreciada na zona de Ponte do Porto e sendo prácticamente unha especialidade única e sin competencia.


Finalmente foron centos de persoas as que se achegaron a este evento culinario onde degustaron unhas 2.000 racións de riquísimo caldo de riola, e que disfrutaron ademáis de actuacións musicais que axudaron a rebaixar a enerxía acumulada con tan suculento potaxe.


A cita está organizada polo Concello de Camariñas en colaboración cos veciños de Ponte do Porto, e agora a enorme pota queda a espera de 2019 para encherse de novo e poder manter así unha tradición da festa que xa vén do ano 1990.