Este dato contrasta coa baixada xeral de turistas na maioría de poboacións da Costa da Morte

O Club Náutico de Camariñas bate récord na entrada de embarcacións

|


Nautico 080618



O Club Náutico de Camariñas voltou a conseguir un novo récord, pero esta vez non é en relación a un dos eventos que leva a cabo ao longo do ano, senon que se refire concretamente ao número de embarcacións que se achegan aos tres pantaláns dos que dispoñe o Club no porto de Camariñas.


Cos datos a 29 de xullo e según informan dende a Directiva do propio Club Náutico de Camariñas, estamos ante o mellor ano dende o 2014, e superando nun 15% o número de embarcacións en relación a ese ano e converténdose no mellor destos últimos 5 anos.


Este dato contrasta coa realidade do número de turistas que disminuiu na maioría das poboacións da Costa da Morte en comparativa co ano pasado, ben polo mal tempo ou por outras características como a competencia doutras zonas. Por iso, o dato do Club Náutico de Camariñas reforza o turismo náutico na Costa da Morte e demostra que é un valor en alza constante e que mantén unhas cifras ano tras ano moi estables e que permite incluso como neste 2018, superar ao mellor ano do 2014 nun 15% de embarcacións atracadas nos pantaláns do Club Náutico. 


Nos comunican dende o Club Náutico que facía anos non se tiña constancia de tal entrada de barcos diaria e que ás veces desborda aos propios operarios do Club para atender as demandas das embarcacións.