(Unha imaxe de Expo Rías- La Voz de Galicia)
Será o 17 de agosto cando dé comezo a feira mariñeira "Camariñas, o mar todo" e que durante tres días ( ata o 19 de agosto) convertirá a Camariñas nunha vila entregada a festa en todos os ámbitos.
Esta Feira Mariñeira parte do evento "Expo Ría" que nestos anos viña tendo lugar na praza do mercado, e neste caso, incorpora nova imaxe e con moitas novidades, aspirando a ser un referente para toda Galicia.
Ademáis, de turismo, pesca, gastronomía, cultura, etnografía, música, artesanía, etc. tamén se fará entrega dos premios Mar de Camariñas, e que recaerán en persoas e institucións con traxectorias acreditadas neste ámbito.
Para ocasión tamén está citado un pregoeiro especial, Cándido Pazó (Actor, humorista, dramaturgo, director, guionista...) que dará o seu discurso de inicio da festa o día 17 de agosto.
Nesta festa mariñeira, os visitantes poderan disfrutar de rutas marineiras a bordo do Joaquín Vieta, un balandro de cabotaje de dous paus e 18 metros de eslora, e decano dos navíos galegos.