Natalia Lema, o futuro da literatura na Costa da Morte

|





Natalialema baos


Natalia Lema Otero, non é un diamante en bruto é xa unha auténtica xoia da literatura na Costa da Morte e gañadora de numerosos premios na súa corta carreira literaria, pois non debemos olvidar que ten tan só 18 anos.


A continuación incluimos a súa biografía, recollida no seu libro "Baos":


Natalia Lema Otero(1999) é auxiliar Administrativa. Actualmente estuda Administración e Finanzas. Empezou o seu camiño literario gañando diversos certames de ciencia ficción e publicando así en antoloxías.


No 2018 colaborou na novela Foron, Somos de índole histórica. A partir de aí, publicou o seu primeiro libro, Baos, falando da diáspora producida polo Envoro da Fervenza. 


O seu segundo libro, Prevención de Riscos Agrarios na Costa da Morte, é unha guía que afonda nos riscos laborais do sector primario.


Este ano concedéronlle o XXV Premio de Poesía do Concello de Cambre. No 2018 tamén se lle foi concedida a distinción de membro de honra do Clube Interact de Fernández (Arxentina) pola súa campaña contra a Polio.


Incorporamos a esta biografía de Natalia Lema, a súa participación na Feira Náutica de Camariñas (FENAUCAM 2018) facendo a presentación do seu libro " Prevención de riscos agrarios na Costa da Morte". 



Natalia lema literatura