O Berro Seco simboliza a unión dos obreiros ao levantar as pedras da Catedral de Santiago

San Fins tivo o seu Berro Seco e espantou a batalla do viño

|

Este mércores, o tradicional Berro Seco foi de novo o protagonista en San Fins. Este lexendario grito, como recordaba La Voz de Galicia, "simboliza a unión dos obreiros ao levantar as pedras da Catedral de Santiago". 


E como acontece coa tradición, ésta se fixo firme un ano máis coa misa, procesión, Berro Seco e Santo da Pólvora, pero eso sí, coa ausencia das batallas de viño que nestos últimos anos apoderarase da festa pola intromisión das costumes propias do século XXI pero que inda non casan moi ben con tradicións seculares que por aquel entón non tiñan constancia  desas ocurrencias vinícolas.


Como sempre, non chove a gusto de todos, e hai partidarios da tradición "in sécula seculorum" que non estiman convinte incorporar novidades propias da era de internet, mentras que outros poñen de menos a cantidade de xóvenes que se achegaban a festa en San Fins co reclamo de disfrutar un día de auténtica batalla vinícola na que non existían enimigos. 


Este ano gañou a tradición e a tranquilidade de veciños e comisión de Festas. O vindeiro ano, o Século XXI tentarase asomar de novo pola festa, pero mentras e tradición sigue forte e con gañas de máis Berro seco... en tódolos sentidos.


Más información:


San Fins do Castro dice adiós al vino



Sanfins elcorreogallego


(Imaxe de El Correo Gallego)