O sábado, 25 de agosto, terá lugar a Cea-Baile anual dos socios/as

Reapertura do Bar Náutico para o vindeiro sábado, 11 de agosto

|

Incluimos en Avantetoda.com a nota de prensa remitida polo Club Náutico de Camariñas:


Dende o Club Náutico de Camariñas queremos trasladar a todos os medios de comunicación a Gran Reapertura do Bar Náutico de Camariñas que terá lugar o vindeiro sábado, 11 de agosto a partires das 19,00 h. e con sorteo de regalos variados entre os asistentes, e onde por certo xa se poderan adquirir os números de lotería do nadal do Club Náutico e da Feira Náutica.


Queremos solicitar as oportunas disculpas polos contratempos xurdidos en relación co Bar Náutico que nos fixeron estar uns días pechados durante este mes de agosto, e temos o convencimento absoluto que a espera valera a pena para seguir disfrutando dun dos mellores establecementos da Costa da Morte, esperando poder contar coa comprensión de socios/as e clientes polas medidas necesarias adoptadas.


Ademais, añadimos algúns dos eventos que se van a desenrolar nas vindeiras semanas no Club Náutico e polo cal se remite escrito estos días tamén aos socios/as coa inclusión dos mesmos e máis información de interese.


Vindeiros eventos:


Sábado, 11 de agosto: Reapertura Bar Náutico a partires das 19,00 h.


Luns, 20 de agosto: Evento relacionado co turismo e a Costa da Morte. Máis detalles en vindeiros días.


Sábado, 25 de agosto: Cea-Baile anual para socios/as e acompañantes.


Ademais, estamos pendentes de confirmar un acto importante da Fundación Titanic a celebrar no Club Náutico, e nos vindeiros meses iremos celebrando distintas ceas-baile para que o outono e inverno se faga o máis corto posible, e teremos actividades culturais como a Semana do Serpent entre o 5 e 11 de novembro.



Nos vindeiros días tamén daremos conta dunha importante nova de aspecto deportivo relacionado co Club Náutico de Camariñas.



Directivaclubnauticocamariñas

(Na imaxe, actual Xunta Directiva do Club Náutico de Camariñas)