O vídeo tamén fora presentado na II Feira Náutica de Camariñas (FENAUCAM 2018)

Un vídeo histórico dos anos 50 coas imaxes de percebeiros e palilleiras das parroquias de Camariñas

|



Camarinas 1950

(Captura do vídeo francés, coa imaxe da Dársena de Camariñas nos anos 50)


Durante o ano 1950, o director Ernest Alfter achegouse as nosas costas, concretamente a Camelle, Arou e ao porto de Camariñas, para facer un documental co título de " LOS ACANTILADOS DE LA MUERTE". Aínda que está editado en francés, está con subtítulos en castelán. 


Podemos ollar imaxes históricas de Camelle e Arou daqueles anos 50, cos percebeiros loitando man a man co mar, e as palilleiras en pleno traballo, e non deben de perderse a traducción do documental, por canto nos indica a imaxe que levaban das nosas vilas e canto cambiamos nestos 65 anos. Dende logo foron anos moi duros e que por sorte agora nos encontramos cun país que é unha potencia mundial.


Tamén, recomendamos que non se perden as imaxes a partires do minuto 2,33 onde vemos o porto de Camariñas, coa dársena o fondo e que é a que nos sirve para ilustrar esta portada. 


As imaxes foron recollidas polo cámara, Juan Ruíz Romero e dirixe o xa mencionado, Ernest Alfter. 


VÍDEO ANOS 50: "LOS ACANTILADOS DE LA MUERTE"