Nun primeiro momento, Salvamento marítimo e un helicóptero se uniron ao importante despliegue de medios

Tarde angustiosa en Camariñas polas informacións erróneas sobre un accidente

|

Sin dúbida, onte a tarde do martes, 7 de agosto, foi de angustia total entre numerosos veciños de Camariñas, polas primeiras informacións que chegaron sobre o accidente dun vehículo.


Eran preto das 19,00 h. cando dende o porto de Camariñas se divisaba un movemento importante de medios de salvamento. Lancha Salvamar indo a toda máquina hacia Lingunde, medios aéreos (helicóptero), protección civil e ambulancias. 


As primeiras informacións que chegaron a oídos dos veciños era dun accidente na praia de Lingunde con caída dun vehículo e coa magnitude por tanto do desastre que poderia acontecer, ademáis do accidente do vehículo pola presencia de bañistas nese momento na praia. E o movemento dos medios de salvamento así o facían presaxiar, pero minutos despois as informacións xa ían contradecíndose, modificándose ata que xa se poido confirmar que o accidente non era na praia en Lingunde sénon na pista que vai ao Ariño pola Basa. 


Efectivamente, minutos despois xa se via concentración de vehículos nese punto da pista da Basa frente a mesmo a praia de Lingunde, incluindo ambulancias, e a marcha do helicóptero do ceo de Camariñas hacia a súa base así como a lancha de Salvamento hacia o porto de Camariñas, xa facía intuir que o accidente estaba concentrado nesa pista que une co Ariño e sin que tivera lugar caída de vehículo ningún ao mar.


A información inexacta sobre o accidente partira dun veleiro con bandeira británica fondeado nas inmediacións de Lingunde, e onde daban conta ao 112 da caída dun vehículo de cor branco nas inmediacións do porto de Camariñas. Iso fixo activar todas as alertas aos medios de Salvamento e finalmente, a Policía Local comprobaron que fora un vehículo ocupado por un adulto e un menor, que sufriran un impacto contra un árbore despois dunha saída de vía. Por sorte, as dúas persoas que viaxaban no vehículo encontrabanse ben e sin requerir prácticamente asistencia médica.


Unha tarde angustiosa que se vivio dende Camariñas, cando as primeiras informacións non eran exactas e comenzaron os lóxicos rumores que se expanden neste tipo de situacións, e que finalizaron cando xa se confirmou  realidade do acontecido.


Máis información:


La supuesta caída de un coche al mar cerca de Camariñas desata un gran operativo de rescate



Lingunde basa


(Zona onde se concentraron os medios de salvamento)