Reencontro das Danzas de Arcos de Camariñas e Cariño

|

Será un día moi esperado, o reencontro das Danzas de Arcos de Camariñas e Cariño, porque a súa historia se entronca e ademáis polas ducias de veciños do Concello de Camariñas que teñen raíz familiares ou de nacemento no Concello de Cariño.


E terá lugar dito reencontro con motivo do I encontro de Danzas Brancas, unha tradición de baile que se romenta aos séculos XVI e XVII en ambentes mariñeiros coas dúas modalidades: arcos e espadas. O evento encádrase entro da programación da Festa mariñeira de "Camariñas, o mar todo" que comeza o día 17 de agosto e rematando o domingo, 19.


Ademáis das Danzas de arcos de Camariñas e Cariño, estará dentro desta modalidade de Arcos a da parroquia de Coucieiro(Muxía) e na modalidade de Espadas, parroquias de Vilatoste e Quintáns, tamén de Muxía.


A característica principal destos grupos de Danzas, é que os participantes visten de branco, e sin estar claro á orixe destas danzas, pode decirse que a participación nelas era con motivo dun voto ou promesa a un santo.



Josemanuelageitos danzadearcos


(Na imaxe, o líder da Danza de Arcos de Camariñas, José Manuel Ageitos, con Jacobo Olveira Pasantes, tamén vestido para a ocasión en homenaxe aos nosos bailaríns)