Centos de persoas asistiron este sábado a exitosa reapertura do Bar Náutico

|

Un día especial para o Club Náutico de Camariñas, este 11 de agosto de 2018, con centos de clientes e socios/as que non quixeron perderse a reapertura do Bar Náutico, un dos mellores establecementos hosteleiros da Costa da Morte. Este sábado dou fe delo e así o atestiguaron as persoas que acudiron a reapertura, degustando numerosas e riquísimas tapas e rematando con outros non menos impresionantes pasteles de CHUSCAKE, a outra firma de hostelería que dispón na Ponte do Porto, María Jesús Ramos "Chus". 


Tamén non obviaron o cambio de imaxe na zona da terraza descuberta, onde as paredes do club Náutico de Camariñas tornaron a un verde caribeño que lle dá un tono máis alegre e vivo e que sin dúbida foi do agrado da maioría dos presentes, como dixo un socio fundador "este color é perfecto porque rompe a monotonía". 


Dende a apertura, ás 19,00 h., con cada consumición entregaban un ticket para entrar nun sorteo de variados regalos do Club Náutico e cuio sorteo tivo lugar a partires das 22,00 h. Regalos como, botellas de viño e champán, merchandising, bandexa de pasteles de ChusCake, caixa con conservas de Cerdeimar, consumicións gratis e unha botella de champán de Henre Abelé nunha caixa coa imaxe do Titanic, posto que era a marca de champán que levaba a bordo o famoso "buque dos soños". 


Tamén poideron disfrutar deste día de festa na reapertura do Bar Náutico, as numerosas embarcacións que atracaron nos pantaláns do Náutico o longo do día, máis concretamente sobre unhas 10 embarcacións de diferentes países europeos.


Ademáis, o horario de apertura do Bar Náutico dende hoxe pasa a ser ás 8,30 h. e para este domingo según nos indicaban dende a xerencia do Bar, ofrecerán de tapa, Paella, tortilla e ovos con anchoa.


Desexarlle toda a sorte do mundo a Chus nesta aposta importante empresarial e que sumará a xa recoñecida non só nas parroquias do Concello de Camariñas, sénon tamén en toda a redonda, a súa tenda de CHUSCAKE no cruce de Ponte do Porto con Camelle.



Reapertura nautico 110818 1



Reapertura nautico 110818 2



   Reapertura do Bar Náutico para o vindeiro sábado, 11 de agosto