Este luns, terá lugar en Coucieiro o Funeral de Corpo Presente a partires das 17,45h.

Falece Jesús Trillo, periodista e un gran baluarte do Turismo na Costa da Morte

|

Foi este sábado, 11 de agosto, cando falecía a idade de 54 anos, o periodista e empresario turístico de Muxía, Jesús Trillo, que ademáis era o Presidente da Asociación Muxía Turismo rural.


Foi delegado de El Correo Gallego na Costa da Morte durante 26 anos, e a partires do ano 2003 foi cando inauguraba o establecemento de turismo rural en Muxía "Casa Trillo" e sendo un percursor e Presidente da Asociación Muxía Turismo Rural.


Dende moitos sectores da Costa da Morte e persoas relevantes de distintos ámbitos, remitiron as súas condolencias e mostraron o seu pesar pola gran perda sufrida nesta fin de semana, e que tiñe de luto ao periodismo e ao Turismo na Costa da Morte, onde Jesús Trillo era un dos seus grandes luchadores. Dende o Club Náutico de Camariñas tamén remitiron o seu máis sentido pésame aos que foran seus compañeiros de El Correo Gallego, e trasladan a familiares e amigos as súas condolencias por este perda, en especial aos seus fillos, Pilar e Alfredo.


Os seus restos mortais, están sendo velados na sala 4 do Tanatorio A Xunqueuira de Cee, e o funeral de corpo presente terá lugar esta tarde de luns, ás 17,30 h. na Igrexa de San Pedro de Coucieiro.


D.E.P.


Outros Medios:



Consternación en la comarca por la muerte del periodista y empresario Jesús Trillo Grille



Costa da Morte pierde a uno de sus grandes embajadores con el fallecimiento de Jesús Trillo



Falece Jesús Trillo Grille. Descansa en paz compañeiro!

 


Jesustrillo 1 ECG



(Na imaxe, Jesús Trillo (d.e.p.)- ECG)