Cerdeimar abre a tenda-museo "La Conservería" en Camariñas

|

Nestos días tivo lugar a apertura da esperada TENDA-MUSEO "LA CONSERVERÍA" nas instalacións de INDUSTRIAS CERDEIMAR.


O horario para visitar a tenda-museo será de 11,00 h. a 15,00 h. e de 16,00 h. a 20,00 h. de luns a venres. Mentras que os sábados, estará aberta de mañan, de 11,00 h. a 15,00 h.


Pero ademáis de poder adquirir as riquísimas e variadas conservas e productos de Industrias Cerdeimar, os visitantes poderan facer TURISMO INDUSTRIAL visitando as propias plantas de produccións onde se transforma e prepara ata conseguir o producto final.


As visitas teñen lugar os martes e xoves, de 11,00 h. a 12,00 h. con precios de 5 € por persoa e 3 € persoa cando se trate de grupos ( mínimo de 10 persoas por grupo).


Para facer a reserva da visita, poden chamar ao teléfono 981 736125.


Por tanto, un novo atractivo cultural, social e empresarial que sin dúbida reforza o atractivo turístico de Camariñas ademáis de dar a coñecer a empresa histórica de Camariñas que sempre estivo e estará unida ao devenir da nosa vila.




Laconserveria cerdeimar



Laconserveria cerdeimar 1