Interesante artigo de "quepasanacosta" sobre o turismo náutico na Costa da Morte

|

Totalmente recomendable o bó artigo da redacción de quepasanacosta.com sobre o turismo náutico da Costa da Morte e que leva como titular: " O Sector náutico aínda ten moito que crecer na Costa a Morte".


En relación ao Club Náutico de Camariñas, é importante a reseña que fai o indicado diario dixital sobre as palabras de Marcos Trillo, responsable da Escola de Vela Cataventos de Corcubión e concesionario da Marina Muxía, posto que ademáis de recordar que "hai moito que medrar no sector náutico da Costa da Morte", e solicitar más infraestructuras en cada zona, xa que se pode xenerar máis riqueza, ten claro, Marcos Trillo, que moitos dos que chegan a Muxía fano despois de comprobar que en Camariñas non hai prazas xa para pernoctar.


E leva razón en canto as poucas prazas que quedan libres nos pantaláns do Club Náutico de Camariñas, por canto xa hai lista de espera para embarcacións de porto base e quedando libres as prazas obrigatorias que esixe portos para as embarcacións de tránsito. Dende o Club Náutico de Camariñas estase xestionando para que a maior brevedade posible Portos de GAlicia arranxe os fingers afundidos e o Club Náutico poida iniciar o arranxo do pavimento dos pantaláns.


Neste interesante artigo de quepasanacosta.com tamén dan conta das cifras das marinas e clubes náuticos da Costa da Morte e onde sobresae o dato do Club Náutico de Camariñas con 432 embarcacións dende o 1 de xaneiro, mentras que Marina Muros e Marina Muxía, apuntáronse 354 barcos e 226 respectivamente, no primeiro semestre de 2018. 


No caso do Club Náutico de Camariñas, a cifra supón sobre un 15% más de embarcacións con respecto ó 2014 e sendo así o mellor destos 5 últimos anos.


A isto se lle suma o éxito rotundo da reapertura do Bar Náutico e mellorando os servizos a socios/as, clientes e aos navegantes de todo o mundo que recalan nos pantaláns do Club Náutico de Camariñas. 


Artigo de quepasanacosta.com




Nautico 080618


(Imaxe recente dos pantaláns do Club Náutico de Camariñas)