Imaxes da historia deportiva feminina en Camariñas

|

Son fotografías dos anos 50 e trátase de dous equipos femininos que fixeron historia; por un lado o equipo feminino de Balonmán que chegou a xogar en Valladolid e un equipo de voleibol que tamén demostraba o seu bo facer nos campos da zoa, ainda que descoñecemos si chegaran a xogar fora do noso entorno.


Pero o que realmente as fai históricas, ademáis lóxicamente dos anos transcurridos, e a demostración que Camariñas sempre foi un baluarte do deporte, tanto masculino o femenino e onde despuntaron en numerosos deportes sobre todo de equipo.



Hoxe vemos como os rapaces e rapazas loitan en competicións e en finais de vela, bádminton, balonmán, fútbol sala, etc... pero para que iso hoxe fose posible, antes, os nosos avós, os nosos pais, tiveron que demostrar por aqueles duros anos de posguerra ( civil e mundial) que era posible xa conseguir despuntar en deportes non só a nivel comarcal sinon a nivel provincial e rexional.

Que sirvan estas fotografías de homenaxe a estas mulleres, que fixeron historia e sempre estarán no noso corazón.....por desgracia non viven todas as persoas que están nas fotografías, e por elo a homenaxe faise ainda máis intenso polo recordo das súas persoas ( D.E.P.).


(Na imaxe, equipo feminino de Balonmán no antigo campo de Corea)

Historia balonmanfemenino camariñas


(Na imaxe, equipo feminino de voleibol, que posaba para a historia antes dun partido)


Historia voleibolfemenino camariñas