O Sábado, 25 de agosto, Cea Baile anual para os socios/as do Club Náutico de Camariñas

|

Xa faltan poucos días para que os socios/as do histórico Club Naútico de Camariñas, poidan disfrutar da súa CEA BAILE ANUAL que terá lugar o sábado, 25 de agosto, no salón social do Club Náutico.


Nesta ocasión, o menú constará do seguinte e preparados e servidos polo equipo da nova concesión do Bar Náutico que dirixe María Jesús Ramos "Chus":


- Entrantes: Empanada, Tortilla e embutidos.

- Primeiro plato: Langostinos

-Segundo plato: Carne Asada

-Postre: Browni con bola de helado

Ademáis de viño, refrescos, e café de pota.


Despois da cea, correspóndelle o turno ao baile e onde estará na parte musical o Dúo DCAFÉ, que xa é coñecido pola súa asistencia a eventos do propio Club Náutico e mesmo do Casino de Camariñas.


Todos os socios/as que desexen asistir, poden reservar praza chamando ao teléfono 981 737130, ó móbil: 618 950557, ou mesmo no propio Bar Náutico, onde se deberá dar o nome do socio/a e acompañante.


Tamén será unha boa ocasión para que os socios poidan comprobar o cambio acontecido no exterior da terraza descuberta cos novos cores aplicados nas paredes exteriores do salón social, e mesmo da iluminación exterior que permitirá aos asistentes disfrutar dunha gran velada, tanto dentro do salón social como na zona exterior, esperando que o tempo acompañe.




Reapertura nautico 110818 1


(Na imaxe, as instalacións do Bar Náutico, ateixadas de clientes e socios/a no día da súa reapertura, sábado, 11 de agosto)