Gran éxito da Cea anual dos socios/as do Club Náutico de Camariñas

|

Gran éxito da Cea Anual dos Socios/as do Club Náutico de Camariñas tanto en número de asistentes como de organización así como do servicio do menú capitaneado pola concesionaria do Bar Náutico, Chus Ramos.


Así o atestiguaban os protagonistas que participaron nos actos levados a cabo ó longo da noite, e onde remarcaban nos seus discursos que non recordaban xa noites así co Salón Social ateixado de socios/as e acompañantes, posto que preto de 160 persoas enchían o Salón da entidade e onde foi necesario retirar pezas de mobiliario para dar cabidas as longas filas de mesas que poideran cubrir o número de asistentes.


Unha velada que contou cun menú especial para unha ocasión especial que o merecía, como é a cea anual dos socios/as e onde o servicio da concesionaria do Bar Náutico, con Chus Ramos e o seu equipo, fixo posible unha rápida atención no servicio de platos e postres así como da calidade do menú presentado: empanada, tortilla, camarón, cigalas, carne asada e postre especial de CHUSCAKE. Pleno total para o equipo de cociña e camareiros/as e así recoñecido por todos os comensales.


Durante o postre, e antes da celebración do tradicional sorteo de diversos e importantes regalos, tuvo lugar un acto importante que tuvo como protagonistas a Juan Esteban Campaña e Xosé-Luis Blanco, por canto se fixo presente a entrega por parte do primeiro do diploma que recoñecía a o socio fundador Xosé-Luis Blanco Campaña como Presidente de Honor, e que lle fora outorgada tal distinción en novembro de 2008, cando presidía a entidade D. José Gómez (d.e.p.) e como Secretario do Club Juan Esteban Campaña.


Xosé- Luis Blanco dou as gracias a todos/as por tal recoñecemento, así como a Juan Esteban polas palabras dedicadas a súa persoa, e onde incidía na necesidade de facer xustiza con esta entrega do Diploma de Presidente de Honor que xa levaba preto de 10 anos pendente da súa entrega e que finalmente, pasará a ocupar un espazo no salón social, xunto cos outros diplomas dos Presidentes de Honor: José Trillo Fernández-Abelenda (d.e.p.) e D. Manuel Fraga Iribarne (d.e.p.).


Despois deste emotivo acto, fíxose entrega dos carnés do Club Náutico dos novos socioas/as da entidade, facendo entrega dos mesmos, Os expresidentes, D. José Ramón Ayora e D. Xosé-Luis Blanco así como o Presidente actual, Martín Castiñeira. Por certo, durante o inicio dos discursos, o Presidente Martín Castiñeira, mandou un cariñoso saludo e ánimos para a pronta recuperación do socio Triñáns e que foi apoyado por un gran aplauso dos presentes.


Inmediatamente da celebración da entrega de novos carnés, tivo lugar o inicio do sorteo con variados e importantes regalos: 1 bandexa de pasteles (CHUSCAKE), 1 caixa de Sardiñas (MOUZO MAR), 2 caixas con conservas (INDUSTRIAS CERDEIMAR), 1 botella de viño Rioja de 1,5 L. (SUSO CAMPOS- ESTRELLA GALICIA), 1 botella de champán Henré Abelé do Titanic (Fundación Titanic) e un polo e chaqueta do Club Náutico.


E finalizado o acto do sorteo, foi hora de dar comezo ao baile co a participación do dúo D´CAFÉ que fixeron mover o corpo ata horas prudenciales da madrugada a veteranos e xóvenes, e onde foi necesario aumentar o tempo de actuación ante o ánimo de moitos dos asistentes para seguir a gran festa anual do Club Náutico.


Tamén, dende a Xunta Directiva, comprendendo que hai moitas parellas xóvenes e con rapaciños/s pequeniños, manifestaron que na próxima asamblea presentarían para decisión e votación dos socios/as a posibilidade de que os pais con fillos pequeniños/as poideran acudir a esta velada e nunha zona especial acondicionada para eles coa presencia de monitores. Será un tema a valorar polos socios/as en asamblea e ver as posibilidades existentes para tal fin. 


Dende a Xunta Directiva do Club Náutico, presidida por Martín Castiñeira, se agradecio a presencia de preto de 160 persoas que deron así fe da forza da entidade e do mantemento histórico dun dos mellores Club Náuticos de Galicia e sendo dos primeiros da Comunidade en número de atraques de embarcacións de todo o mundo. E así, van a seguir traballando para seguir sendo un referente no turismo da Costa da Morte. 


(Unha imaxe do Salón Social do Club Náutico de Camariñas nos inicios da cea anual de Socios/as )

Ceaanual clubnautico 250818