Festas de San Ramón 2018 en Camariñas

|

Coincidindo coa finalización prácticamente do verán, chegan as festas de San Ramón 2018 a Camariñas.


Nesta ocasión, será a Comisión de Festas do Carmen a encargada da organización desta tradicional festa na honra de San Ramón, e que darán comezo este venres, 31 de agosto, coa misa solemne a partires das 13,00 h. na Igrexa de San Xurxo de Camariñas, e seguindo coa procesión, fogos e sesión vermú con Judith Cundíns.


Na noite deste venres, a verbena será a cargo da Orquesta Televisión, ademáis de Judith Cundíns e Macro Impacto.


O sábado, 1 de setembro, sesión vermú ás 14,00 h. con Trio Nuevo Siglo, e cunha gran churrascada a partires das 20,00 h. e rematando a verbena coa actuación de novo do Trío Nuevo Siglo e Macro Impacto.


Cartel festassanramon 2018 portada



Cartel festassanramon 2018