Este sábado, 1 de setembro, nova exposición no Faro Vilán a cargo de Xan Vieito

|


O acto de inauguración da nova exposición do Faro Vilán, terá lugar o vindeiro sábado, 1 de setembro, ás 13,00 h., e onde Xan Vieito presentará a súa obra "M-eu- mar".


Según indican dende a Asociación de Empresarios de Camariñas, esta obra de Xan Vieito está adicada ao mar onde o artista xumérxenos nunha apaixoante viaxe representando as diversas formas que poden adoptalas augas; dende a tranquilidade dun día de verán ata o angosto bravío do rudo inverno.


No acto de inauguración o artista Xan Vieito estará acompañado da cantante de ópera Dania Diva, onde a súa voz dará vida a dúas arias inspiradas no mar.



Xanvieito

(Na imaxen, Xan Vieito- Faro de Vigo)