O -Cine Dabaixo- de Camariñas comezou en 1957 a fraguar a súa lenda

|

Que recordos daqueles anos inolvidables candos os dous cines camariñáns ''rivalizaban'' pero cunha gran profesionalidade e entendemento que fixo que durante moitos anos, Camariñas fose un destino de moitos matrimonios e xóvenes que viñan o cine nos fins de semana.


En 1957 nacía o primeiro cine de Camariñas co nome de ''CINE RIALTO'' na Rúa Cruz, na zona do Campo. Gracias a D. Vicente Carril Lema, poidemos coñecer moitos datos daqueles anos inolvidables das películas en tecnicolor e que fixron soñar os nosos maiores.


A primeira película proxectada no cine foi todo un clásico: ''La Tragedia de la Bounty'',



Bounty cinedabaixo camariñas



A ubicación do primeiro cine era na que agora é a vivenda de D. Vicente Carril e onde atendía na porta as entradas despois de adquirilas a través dunha pequena ventaniña o Sr. Pepe de Servana (D.E.P.) e despois tivo que deixalo por enfermar e xa na nova ubicación co edificio aledaño a vivenda (1967-1968), a persoa encargada das entradas foi Sra. Clementina (D.E.P.) e Sra. Marina Carril (D.E.P.)


O precio por aquel entón era de 3 pesetas para os ''maiores'' e unha peseta para os rapaciños.

Nun principio, as funcións tiñan lugar os sábados ás 10 da noite e a película que se proxectaba ese día tamén se repetía ás 4 da tarde do domingo que sería o que chamaríamos ''sesión infantil''. E o propio domingo, as sesións eran ás 7 da tarde e 10 da noite.


Contabanos D. Vicente Carril, como cando sonaba a música, sobre todo de Jorge Negrete e Pedro Infante, a xente antes de entrar no cine lle pegaba algún que outro baile, e non era para menos pois por aquel entón, dende logo os momentos de diversión non eran moitos.


A persoa que proxectaba as películas nos primeiros anos foi pai de Vicente, D. Vicente Carril Pérez e como non, sin dúbida os que hoxe xa son pais e avós, saberan moito de cando marchaba a luz e a veces despois dalgunha que outra hora proseguiase coa película.


Sobre o ano 1965, aparece a competencia co Cine Moderno e que foi unha revolución por aquela época, pois xa tiña un diseño moi vanguardista, pero a verdade é que rivalidade comercial non existía e tiñan moi boa relación que conseguía que a xente disfrutara durante a fin de semana do Cine ''Dabaixo'' e do cine ''Darriba''.


Pero chegou o vídeo e con elo a decadencia dos nosos históricos cines...primeiro pechou o Cine Moderno (o ''Darriba'') e uns meses despois pecharía as portas definitivamente o Cine ''Rialto'' (o ''Dabaixo''). Corría o ano 1984 cando os pistoleiros, os indios, os vaqueiros, Bruce Lee, etc..deixaron de facer soñar os camariñáns e dar paso a unha nova era do vídeo coa proxección de películas xa nos pubs e bares que fixo detraer moitos clientes os cines camariñáns.


E está a historia da película máis taquilleira, como non, ''PASIÓN PROHIBIDA'' de Susana Estrada e que estivo Sábado, Domingo e Luns con cheo absoluto e despois voltou un ano máis tarde co mesmo éxito.


Moitas parellas xurdiron nos nosos cines históricos; moitos xóvenes criamonos con ''Espartaco'', ''La muerte tenía un precio'', e agora quedanos iso, a historia, o recordo, a lenda....



Flechasincendiarias camariñas



Hemeroteca: artigo publicado no DC o 19/08/2009 e 27/08/2013