Incendio dunha embarcación na zona do Porto de Camariñas

|

Esta madrugada resultou totalmente calcinada unha embarcación na zona do Porto de Camariñas, aledaña a marina seca do Club Náutico de Camariñas. A hora do suceso estaría encadrada sobre ás 06,00 h. 


Por causas que se descoñecen, iniciouse o lume na embarcación e sendo necesaria a participación dos bombeiros de Cee para controlar o lume e que non afectara a outras embarcacións próximas e situadas na marina seca do Club Náutico de Camariñas.


O incendio afectou tamén a proa dunha embarcación máis próxima a afectada e que estaba situada na marina seca do Club Náutico de Camariñas. A rápida intervención dos bombeiros, fixo posible que o lume non se transmitira a máis embarcacións e instalacións próximas.


MÁIS INFORMACIÓN:


Europapress



Incendio embarc camariñas 090918 2



Incendio embarc camarinñas 090918