Camariñas contará con 4 equipos na Liga da Costa

|


Foi no último suspiro, pero finalmente confirmouse que AS BALEAS FS de Camariñas estará na Liga da Costa (Terceira Autonómica) e onde tamén estaran, o CAMARIÑAS, PORTEÑO e o CAMELLE. Catro equipos dun mesmo Concello dun total de 13 equipos que conforman esta Liga da Costa -3ª Autonómica-.


Según desvela La Voz de Galicia, a inscrición foi case no último minuto antes de inspirar o prazo e serán 13 xogadores os que inicialmente conformen a plantilla deste equipo de AS BALEAS FS e que terá a equipos de gran talla e tradición nesta recoñecida Liga da Costa.


Os retraso na entrega das fichas na Federación Galega de Fútbol, foron debidos a cuestións familiares según explicaba a La Voz de Galicia, Vicente Castiñeira, Presidente, adestrador e "alma deste proxecto". 


Recorda o diario citado, que AS BALEAS FS ten un selo propio gañado ao longo destes anos, un proxecto que vén dende a base "e que os chavales poden ter en 3ª Autonómica unha opción de manter este estilo. Unha forma de facer que se vio recoñecida por equipos punteiros da zona como o Bergantiños e incluso o Deportivo da Coruña, que contou cun porteiro procedente de AS BALEAS".


Isto tamén demostra que as parroquias de Camariñas siguen sendo un baluarte da Liga da Costa e sendo o Concello con máis equipos nunha mesma competición. Sin dúbida, teremos a oportunidade de ver duelos futbolísticos de gran nivel e competitivo, e podendo estar orgullosos que entre todos se fai posible manter un gran nivel futbolístico con base nas catro parroquias de Camariñas.


Na información de AS BALEAS FS que aparece no seu Facebook, indican ademáis de ser a novidade para a vindeira tempada 2018/2019 na 3ª Autonómica da Costa, que a entidade fundouse no ano 2003 e dende ese momento veu traballando con equipos de base, tanto en fútbol como en fútbol sala.


O seu Presidente e adestrador é José Vicente Castiñeira Tajes e na plantilla figurarán xogadores do concello de Camariñas. AS BALEAS FS competio na pasada campaña con formacións federadas na Costa nas categorías benxamín, alevín e infantil, movilizando a 47 futbolistas.


Integran a Xunta Directiva de AS BALEAS FS:

Presidente: Vicente Castiñeira Tajes

Secretaria: Lorena Castro

Tesoureiro: Tino Lema

Vocais: Jon Blanco, Javier Lourido, Juan José González, Modesto Martínez e Juan José Pasantes.




Asbaleas vicentecastiñeira


(Na imaxe, Vicente Castiñeira, Presidente e adestrador de AS BALEAS FS de Camariñas)