Comeza o "Ciclo de Monólogos" en Camariñas con Touriñán o 29 de setembro

|


A Rede Cultural da Deputación da Coruña inicia o 29 de setembro o ciclo de mónologos en Camariñas, coa actuación do recoñecido humorista, Xosé Antonio Touriñán, que triunfa no programa da TVG "Land Rober" e que se enfundará no papel de "Manolo Lojo, todo pode ir a peor...".


A actuación será ás 21,00 h. na Casa de Pedra o vindeiro sábado, 29 de setembro.


Para poder asistir, podes recoller as entradas na Biblioteca Municipal a partires do mércores 19 de setembro. Hai prazas limitadas e sendo o prezo de 3 euros. Para os pais con nenos/as pequeniños poden solicitar o servizo de gardería, posto que é un espectáculo non apto para público infantil.



Manolo lojo camarinas web ciclomonologos