A partires de xaneiro 2019 Camariñas contará con Fibra óptica de R

|


Según poido coñecer no día hoxe avantetoda.com, para finais de decembro/2018 ou xaneiro/2019 está previsto que teñan finalizado a instalación e cableado da fibra óptica da operadora R en Camariñas.


Nestos días, operarios da operadora R están cubrindo os formularios de autorización nos edificios para a colocación gratuita das conexións a fibra óptica desta compañía. Despois, unha vez instalada as conexións, serán os propietarios dos pisos os que deberan entrar en contacto coa operadora para solicitar o enganche a esta conexión ultrarápida e que permitirá navegar a 300 megas.


Prácticamente, a maioría de concellos da Costa da Morte contan con esta tecnoloxía, e faltaba Camariñas por contar con este importante servicio para empresas e particulares interesados en contar con servizos avanzados de telecomunicacións de R: teléfono, internet de alta velocidad e televisión dixital multicanle.


Esperar que os prazos se vaian cumprindo e se poida disfrutar destas melloras tecnolóxicas a partires de finais de decembro ou en xaneiro/2019.



FibraopticaR camariñas