D. Diego Alonso perde o xuízo pola denuncia contra Martín Castiñeira

|

No día de hoxe, tivemos coñecemento da sentencia 65/2018 do Xulgado de 1ª Instancia e Instrucción nº 1 de Corcubión, pola cal Martín Castiñeira Pérez, veciño de Camariñas, empresario da construcción e Presidente do Club Náutico de Camariñas, queda absolto despois do xuízo celebrado o pasado 12 de setembro, e onde a xuíza non tivo en conta as declaracións e acusacións de D. Diego Alonso Freire e as súas testemuñas, o non poder probar os feitos que se denunciaban e o cal fixera un gran tema mediático causandolle un grave dano personal, profesional e social a Martín Castiñeira, despois de manifestar acusacións graves e difamatorias contra súa persona e que finalmente no xuízo non poido demostrar e quedando en total evidencia.


Ahora incluimos de forma íntegra, nota de prensa de MARTÍN CASTIÑEIRA PÉREZ, en relación coa sentencia 65/2018:


Solicito poidan incluir este comunicado no seu medio de comunicación, co fin de restablecer o meu honor e pola defensa da miña imaxen, como veciño de Camariñas, empresario da construcción e Presidente do Club Náutico de Camariñas.


Alá polo mes de abril deste ano, D. Diego Alonso Freire, facía en distintos medios de comunicación graves acusacións contra miña persoa, difundindo feitos que non se atiñan a realidade e menoscabando de forma grave e reiterada a miña imaxe e o meu honor, que ademáis se agravaban con acusacións e difamacións falsas feitas directamente na súa páxina web e coa repercusión que elo tiña entre os veciños de Camariñas.


Foron días moi duros no persoal, polo dolor causado a miña familia e as persoas máis próximas a min, no profesional polas consecuencias graves que poido ter para a miña empresa de construcción e tamén no apartado social, como Presidente do Club Náutico de Camariñas, unha entidade histórica de Camariñas a que me honro presidir dende fai case dous anos.


Pero, gracias a Deus, a Xustiza sempre chega e neste caso, puxo a cada quén no seu sitio, absolvéndome das acusacións que vertió sobre min o indicado D. Diego Alonso Freire, ao non resultar probados en ningún caso e con contradiccións incluidas, a súa versión dos feitos acontecidos o pasado 21 de abril nun establecemento de Camariñas.


Dende aquí quero agradecer o apoio dende o primeiro minuto da miña familia e dos máis próximos a min, dos traballadores da miña empresa, dos meus amigos e compañeiros, e non quero olvidarme da Xunta Directiva do Club Náutico de Camariñas e dos moitos socios/as que me testimoniaron o seu apoio incondicional cando comezaron os ataques contra a miña persoa.


Por elo, lles estarei eternamente agradecido, por non dubidar da miña palabra, e por darme o seu apoio en momentos tan duros da miña inda xoven vida.



Desexo que a persoa que vertiou estas graves acusacións e difamacións contra miña persoa, non teña intencións de seguir dañando a miña reputación e imaxe nos medios de comunicación, páxina web e redes sociais, porque nese caso terei que actuar e defenderme xudicialmente na defensa do meu honor e do bo nome da miña familia. 


Fin nota de prensa de Martín Castiñeira Pérez



Martin Castineira Perez do Club Nautico de Camarinas


(Na imaxe, Martín Castiñeira Pérez durante un acto de firma de convenio para o Club Náutico de Camariñas)