Destacada presencia do Club Náutico de Camariñas no Salón Náutico de La Rochelle

|



Larochelle 2018 a (1)


Durante tres días, unha delegación do Club Náutico de Camariñas estivo presente no Grand Pavois de La Rochelle (Francia), e por elo, incluimos de forma íntegra a nota de prensa remitida polo Club Náutico en relación con este evento e a súa laboura en torno a él.


NOTA DE PRENSA CLUB NÁUTICO DE CAMARIÑAS:


Dende o Club Náutico de Camariñas queremos trasladar a nosa satisfacción polo cumprimento dos obxectivos coa delegación presente no Grand Pavois de La Rochelle, e onde durante tres días ( do 27 ao 29 de setembro) estivemos contactando con numerosos usuarios do Club Náutico que fan escala todos os anos nas nosas instalacións, contactando tamén con posibles novos usuarios franceses interesados en ter a súa embarcación como porto base nos pantaláns do Club Náutico, promocionando Camariñas e a Costa da Morte e cunha degustación de productos (Conservas Boya) e viño da terra, así como valiosísimos contactos empresariais de cara a presencia de empresas francesas na próxima edición da Feira Náutica de Camariñas (FENAUCAM 2019) que terá lugar os días 14,15 e 16 de xuño do vindeiro ano.


 Moitos destos contactos internacionais serán refrendados no Salón Náutico de Barcelona, e tamén ampliados coas empresas galegas e nacionais presentes neste importante salón internacional, e que poidan estar interesadas en acudir a través dos seus concesionarios en Galicia a 3ª edición da FENAUCAM 2019.


 O día 29 de setembro, sábado, a delegación do Club Náutico de Camariñas, estivo reunido con BERNARD BOURDIOL, un navegante asiduo do Club Náutico dende fai moitos anos, e onde tivemos a oportunidade de entregarlle unha bandeira do noso Club para que fora izada no seu barco e quedar como Embaixada flotante nos pantaláns de La Rochelle, posto que na próxima edición de FENAUCAM 2019 será nomeado oficialmente Embaixador do Club Náutico en La Rochelle e que nos visitará nesas datas co seu barco e que xa lucirá a bandeira do Club Náutico.


Tamén, quedou demostrada a gran vinculación dos navegantes franceses co club Náutico de Camariñas, posto que según nos indicaron polas persoas que estaban ao cargo do Stand de Galicia en La Rochelle, a maioría dos que se acercaban ao Stand era para solicitar información do Club Náutico de Camariñas, e sendo ademáis o único Club Náutico de Galicia que estivo presente durante 3 días do evento e representando a imaxe do Club, Camariñas e da Costa da Morte ante os miles de visitantes que se achegaron polo Stand.


Agora será no Salón Náutico de Barcelona (10 ao 14 de outubro), onde seguiremos achegando aos visitantes a imaxe do Club Náutico, a nosa impresionante Ría, Camariñas e a Costa da Morte.



Larochelle 2018 a (2)


(Na imaxe, o Presidente de Portos, José Juan Durán (esq.), e Eric Coquellet, Comodoro e Responsable de Relacións Internacionais do Club Náutico de Camariñas, durante un acto no stand de Galicia do Grand Pavois de La Rochelle).