Xa podes reclamar polo IRPF da prestación por maternidade recibida entre 2014-2018

|


Desta nova faise eco a páxina web de OLVEIRA XESTIÓN que colabora coa recoñecida firma de A Coruña "PERCAP ASESORES" e onde traslada a resolución adoptada polo alto Tribunal con data 3 de outubro e que abre a porta que a máis de 63.000 mulleres galegas poidan reclamar o cobro indebido por Facenda polos ingresos de Maternidade que abona a Seguridade Social.


A continuación deixamos o texto que inclúe OLVEIRA XESTIÓN na súa páxina web ao respeto desta nova:


Esta fin de semana do 6 de outubro, saltaba a nova aos medios de comunicación, despois de que o Tribunal Supremo acabara de dar a razón as mulleres que estaban reclamando a exención das prestacións por maternidade recibidas da Seguridad Social, correxindo así a Facenda, establecendo como “doctrina legal que, efectivamente, ditas prestacións públicas non tributan no Imposto sobre a renta das persoas físcias(IRPF)”.


Tal e como informa La Voz de Galicia, con esta resolución, datada no 3 de outubro, o alto Tribunal abre a porta a que más de 63.600 galegas (contabilizando as prestacións outorgadas dende o 2014, último ano non prescrito, e ata xuño deste 2018) recuperen o que pagaron ao fisco na declaración da renta do exercicio correspondente ao nacemento dos rapaces/rapazas.


OLVEIRA XESTIÓN e PERCAP ASESORES ASESORAN PARA RECLAMAR A DEVOLUCIÓN


Dende OLVEIRA XESTIÓN e PERCAP ASESORES da Coruña, estamos preparados para estudiar o caso das persoas nesta situación e que tiveron nenos/as entre o 2014 e xuño de 2018, para proceder nas próximas semanas a presentar as oportunas reclamacións diante de facenda e co dato importante que só se procederá a cobrar por esta laboura sempre que se consiga que Facenda faga a devolución as reclamantes.


Dende este momento estamos a disposición das persoas interesadas, para asesoralas e tramitar a devolución do cobro indebido no IRPF pola prestación de maternidade recibidas da Seguridade Social.



Tribunal supremo