¿Cando salvaron as mulleres de Camariñas a Igrexa de San Xurxo?

|

Esta historia  foi publicada o 29 de xullo de 2013 no DC a través da sección "Historias da Historia".


Pregunta: ¿Cando Salvaron as mulleres de Camariñas a Igrexa de San Xurxo?


Resposta:


Polos datos que nos aportan a hora de confeccionar a historia de hoxe, temos que supoñer que estamos en Maio do 1931, un mes despois da proclamación da República e días moi convulsos para o noso país.


En Maio dese ano da República, o goberno establece varios decretos sobre a educación relixiosa e crea un enfrentamento co estamento eclesial, e provocando ademáis como relatan algúns libros de historiadores recoñecidos, que ''al final la cuestión religiosa se convierte en el talón de Aquiles de la Segunda República, al menos durante los tres primeros años...'' (Así llegó España a la Guerra Civil-tomo I-Unidad Editorial).


O día 10 de Maio de 1931, xurden acontecementos que aparentemente non están en absoluto relacionados coa relixión, ainda que pronto derivan na queima de conventos e edificios propiedade do clero que se produce o día seguinte.


Pois ben, unha vez ubicada no tempo a historia, chega o momento do seu relato....


A oídos das nosas valientes mulleres camariñanas ( Sra. Pepita, Sra. Modesta....) chega o rumor da presencia de numerosos ''efectivos'' republicanos que estarían concentrándose na parroquia da Ponte do Porto e dispostos a destruir a Igrexa de San Xurxo de Camariñas, que fora construida no século XVIII gracias os donativos de D. Antonio Domingo Rodríguez Canosa que fixera fortuna alá por México. Desta forma levaríase a cabo unha acción que estaba acontecendo en moitos sitios de España por mor do enfrentamento prácticamente xa civil que esta a orde do día e que finalmente e por desgracia despois de anos convulsos levaría a España a unha cruenta e desgraciada Guerra Civil que transcurridos máis de 75 anos ainda é debate de moitos.


Como decíamos, estas valentes mulleres de Camariñas, vendo que a súa Igrexa de San Xurxo corría perigo, non dubidaron en ningún momento de unir de forma urxente a un exército civil de veciños e veciñas, con fouciños e forquillas, as únicas armas que tiñan para a defensa da súa preciada Igrexa parroquial, e dispuxéronse en forma de barrera de defensa no Alto das Rubias (As Carballas) e alí estiveron polo menos dous días e dúas noites, e onde lle facían chegar pan e auga para resistir durante a espera polos ''efectivos'' republicamos que os rumores clamaban viñan de camiño hacia Camariñas.


A nosa historia prosigue coa presencia doutro dos protagonistas...Sr. Jorge, empresario madereiro de Camariñas, que tiña que viaxar a Carnés e Leis para compra de madeira e que durante o seu traxecto, concretamente na zona do Río da Pereira(onde está o lavadero de Dor) observou como un importante número de ''efectivos'' republicanos avanzaban pola estrada.

O Sr. Jorge preguntoulles: Onde ides?....respostándolle os republicanos: ''vamos tirar coa Igrexa a Buria''.


Ante esta fulminante resposta, o empresario madereiro só lle quedou decir: ''oies...non ir que acabo de pasar por alí e teñen un exército que vos vai a comer...así que dade volta''.


A historia conta que ante estas palabras do Sr. Jorge, o amplio número de ''efectivos'' republicanos viron como mellor opción a retirada e evitar así unha chegada ó Alto das Rubias que naide sabe como podería terminar. Cando chegou a información a Camariñas da retirada destos ''efectivos'' republicanos, o exército civil de veciños e veciños da parroquia camariñana tamén decidiron batirse en retirada e voltar aos seus quefaceres diarios.


Queda por tanto escrito, a historia das valentes mulleres de Camariñas que organizaron unha barreira defensiva para evitar que chegaran a destruir a Igrexa de San Xurxo. Hoxe sigue en pé, pola valentía destas mulleres e os veciños e veciñas que se uniron para defender os seus bens, e tamén o sentidiño común dos ''efectivos'' republicanos que entenderon que o mellor ante o panorama que se presentaba era a retirada e fuxida.




Igrexasanxurxo