Cea Baile no Polideportivo de Camariñas organizada pola Comisión do Carme

|


O sábado, 1 de decembro, terá lugar unha CEA BAILE no polideportivo de Camariñas, organizada pola Comisión de Festas do Carme co fin de recadar fondos para as festas máis grandes da Costa da Morte. No apartado musical estará Disco Móvil Impacto.


O prezo por persoa será de 25 € e para os nenos/as de 10 €.


A entrada conleva o agasallo dun prato coa Virxe gravada e unha taza de buño.


As persoas interesadas poden contactar cos membros da Comisión de Festas do Carme e o prazo límite para a recollida de entrada será o 28 de novembro.



Cea baile festasdocarme 011218