Exemplar artigo de Natalia Lema sobre a defensa do rural

|


Quédense con este nome... Natalia Lema Otero, natural de Baíñas, e de tan só 18 anos... nos vindeiros anos, dará moito que falar cos seus artigos e seguramente cos seus novos libros, posto que xa leva publicados uns cantos, como é o caso de "Baos" sobre a intrahistoria do Encoro da Fervenza e os habitantes das casas mergulladas pola construcción deste encoro.


Nesta ocasión, Natalia Lema, na sección de "En primeira persoa" da Voz de Galicia-Bergantiños, fala de forma aberta sobre seguir creendo no rural e aí quedan estas palabras que acompañan ao titular:

"(...) Cando me preguntan se non aborrezo a Gándara, eu respondo sempre ó mesmo: é onde nacín, a miña propia idiosincracia, parte de min. Namoreime do encoro, das historias agochadas, das que non coñecía e das que aínda que me quedan por saber (...)".


Nun tempo onde a tecnoloxía nos abraia, a globalización nos atrapa descaradamente, as cidades parecen ser posos de modernía frente a arcaica aldea, temos a valente declaración dunha rapaza de 18 anos, valorando a súa pertenenza ao mundo rural, e moi orgullosa de pertenecer a dito mundo. 


Interesante artigo para que os vivimos no rural poidamos reflexionar sobre elo e os que viven nas cidades, comprendan que somos parte esencial para a súa supervivencia. As cidades non viven só de fábricas e despachos, viven do que se planta nas nosas terras.


PINCHA AQUÍ PARA LER O ARTIGO DE NATALIA LEMA NA VOZ DE GALICIA



NATALIA LEMA ARTIGOLAVOZ 281018