Celebración dun magosto e do Samaín no IESP Pedra da Aguia de Camariñas

|


Nota de prensa do IESP Pedra da Aguia de Camariñas:


O día 30 de outubro pola tarde-noite, os IESP Pedra da Aguia de Camariñas celebrou un tempraneiro magosto seguido da celebración do Samaín. Así, no horario escolar da tarde, alumnos e profesores poideron disfrutar do sabor das castañas asadas.


 Cando rematou a xornada, un tercio do alumnado e boa parte do profesorado prepararon a festa do Samaín que se prolongou ata xusto a media noite. Nun escenario completamente decorado para a ocasión, todos gozaron dun chocolate con churros ben quentiño, antes de empezar unha serie de xogos previstos polo profesorado. A continuación tocou disfrazarse, cear nun ambente escuro e tétrico coas únicas luces dos cirios, facer contadas de terror e, finalmente, ver unha película de medo.


Foi unha tarde-noite moi especial propia do tempo no que nos atopamos.



Iesp pedradaaguia magostosamain (2)



Iesp pedradaaguia magostosamain (1)



Iesp pedradaaguia magostosamain (3)