Este sábado, 10 de novembro, XII Xuntanza de Palilleiras en Vimianzo

|

Nota de prensa da ASociación de Palilleiras "As Nemanquiñas" de Vimianzo:


A Asociación de Palilleiras As Nemanquiñas de Vimianzo organiza a 12ª palillada no Pavillón de Vimianzo o sábado 10 de novembro de 2018. O obxectivo da xuntanza é unir os intereses de todas coa finalidade de promover a nosa artesanía o encaixe. Nesta xuntanza ó mesmo tempo que se exhiben os nosos traballos tamén intercambiaremos experiencias e ideas as /os participantes.


A INAUGURACIÓN DA XII XUNTANZA DE PALILLEIRAS EN VIMIANZO será ás 12.00 horas da mañá do sábado día 10 de novembro de 2018 no Pavillón Deportivo do Concello de Vimianzo. Veñen palilleiras de Viveiro, Foz, Cervo, Burela, Sarria, San Ciprián, Lugo, Pontevedra, Vigo, Cambados, Vilanova de Arousa, Vilagarcía da Arousa, Tui, O Porriño, Ribeira Sacra, A Coruña, Boiro, Valga, Porto Novo, Valga, Ferrol, Fene, Neda, Ames, Betanzos, Lousame, Cambre, Arteixo, Coirós, Carral, Noia, Oleiros, Abegondo, Paderne, Padrón, Corme, Paderne, Cedeira, Camariñas , etc e como non de Vimianzo. 


O pavillón estará aberto a partir das 10:00 horas da mañá para todo o público que nos queira visitar. A comida de confaternidade será ás 13:30 horas no Restaurante Pastoriza.


Contaremos coa participación de 550 palilleiras.


Tamén quixéramos que constara na nota o agradecemento por parte da Asociaciónde Palilleiras As Nemanquiñas de Vimianzo ao alcalde Don Manuel Antelo Pazos polo apoio brindado para o desenvolvemento desta actividade ano tras ano e tamén aos negocios do concello de Vimianzo que donaron artigos para o sorteo de agasaios na tarde da Xuntanza . Sin a súa axuda sería casi imposible poder levar a cabo este evento.


(Imaxe da 10ª edición da Xuntanza de Palilleiras en Vimianzo- La voz de Galicia)

Palilleiras vimianzo