Recala no Club Náutico de Camariñas un participante na regata de "Route du Rhum"

|


Durante o día de hoxe, recalou nos pantaláns do Club Náutico de Camariñas unha embarcación que participa nunha das regatas máis importantes de Francia, e que ben patroneada por un xoven chamado Florian Gueguen. 


Según nos comentou, debido a mala mar coa que se encontrou na súa travesía, sufrio varios danos na embarcación que fixo necesario o seu atraque nos pantaláns do Club Náutico de Camariñas e esperar que nuns días os técnicos poidan resolver os problemas da mesma.


A embarcación é do Equipe Voile Parkinson, e según nos comentou o propio Florian Gueguen a través do Comodoro do Club Náutico, Eric Coquellet, está a participar nesta regata como homenaxe ao seu avó que sufre esta dura enfermedade de Parkinson. 


Máis información sobre Florian Gueguen e a Asociación France Parkinson:


Equipe Voile Parkinson


France Parkinson




IMG 20181115 WA0000



IMG 20181115 WA0001



Equipevoileparkinson 151118