Novas seccións deportivas no Club Náutico de Camariñas: Xadrez e Piragüismo

|

Nota de prensa do Club Náutico de Camariñas, en relación coas novas seccións deportivas que se van a crear no Club:


1- Nova sección deportiva de Xadrez


A Directiva do Club acaba de iniciar os pasos para a creación da nova sección deportiva de XADREZ que estará coordinada por Alberto Luaces e José M. Olveira, e onde poderan inscribirse os socios/as, así como os fillos/as e netos/as de socios/as, co fin de ir formando un grupo humano de variadas edades e coñecementos, para chegar a formar un equipo e competir nas ligas da Costa da Morte e noutras ligas si nos fora posible, así como nas ligas internas que se van a crear a tal efecto, ademáis de ir preparando e formando aos máis pequeniños/as neste xogo apaxionante do Xadrez.


Todos os socios/as así como os seus fillos/as e netos/as, interesados en formar parte desta nova sección deportiva, poden inscribirse na oficina do Club (de luns a venres, de 18,00 h. a 20,00 h.) ou ben ao móbil: 618 950557.


2- Nova sección deportiva de Piragüismo



Os Directivos do Club, Alberto Ayora e Alberto Luaces, están mantendo conversas e negociacións con distintas entidades deportivas para poder presentar sobre Semana Santa, a nova sección deportiva de Piragüismo do Club Náutico, e por elo, esperase que nos próximos meses podamos dar información puntual sobre esta sección aos socios/as e ir así conformando o interese dos máis pequeniños/as para formarse nesta disciplina deportiva.




Seccions deportivas nautico