Sábado, 15 de decembro, presentación da nova sección do Club Náutico XADREZ CAMARIÑAS

|


A nova sección XADREZ CAMARIÑAS do Club Náutico xa está a piques de poñerse a andar, e para comezar, os seus coordinadores, Alberto Luaces e José M. Olveira, faran a presentación desta nova Sección do Club Náutico o vindeiro sábado, 15 de Decembro, no Salón Social do Club.


O acto terá lugar sobre ás 12,00 h. e contará coa presencia do Presidente do Club así como da Xunta Directiva, ademáis dos inscritos/as nesta sección xunto con familiares, e onde se informará do funcionamento da sección e das datas e horas desta actividade.


Os socios/as, así como os fillos/as e netos/as poderan inscribirse de forma totalmente gratuita, e onde se tentara ir formando aos máis pequenos/as, e tamén dispoñer dun equipo nos vindeiros meses para competir en ligas da zona, así como nas propias ligas internas que se van a promover no Club Náutico de Camariñas.


Dende a entidade tamén informan, que antes de Semana Santa esperan poder confirmar a sección de Piragüismo, unha vez se pechen as negociacións con clubs deportivos.


Seccions deportivas nautico



   Novas seccións deportivas no Club Náutico de Camariñas: Xadrez e Piragüismo