O "Serpent" foi o protagonista do documental da TVE2 este sábado, 9 de decembro

|


Este sábado pasado, poido verse en horario de tarde o documental "Hundidos- HMS Serpent" na TVE2, e en avantetoda.com incluimos o enlace ao programa para que poidas velo na súa totalidad (50 minutos).


A expedición acercouse a punta do Boi cun barco da productora e con outra embarcación máis pequena para os buzos patroneado polo camariñán Toñito.


A introducción que fai o programa na páxina web do documental é a seguinte: "Los buzos de Hundidos se lanzan esta semana en busca de un pecio cuya tragedia salvó miles de vidas en el futuro. El Serpent, un buque militar de la Armada Británica, que se hundió en 1890, en Punta do Boi (Galicia), dejando 172 víctimas". 


En relación ao de salvar vidas, refírese ao feito de que anos despois e sendo sensibles ante a gran traxedia que supuxo o afundimento do Serpent na costa de Camariñas, fíxose necesario en 1896 a aparición do Faro Vilán e sendo o primeiro de España con lúz eléctrica.


Un documental apaixoante e cunha expedición que consigue encontrar algunhas pezas do mítico barco afundido nas nosas costas e cun recordatorio inmortal como é o Cemiterio dos Ingleses.


PINCHA AQUÍ PARA VER O DOCUMENTAL



(Na imaxe, o camariñán Toñito durante un momento da documental do Serpent)


Documental serpent