Comezou a traballar o equipo XADREZ NÁUTICO- CAMARIÑAS

|

O XADREZ NÁUTICO-CAMARIÑAS comezou a súa andadura este sábado, 15 de decembro.


Os inscritos, 9 rapaciños/as e 6 adultos, forman parte do equipo da sección de Xadrez do Club Náutico de Camariñas e que levará o nome de XADREZ NÁUTICO-CAMARIÑAS


Nesta primeira charla, os coordinadores, Alberto Luaces e José M. Olveira trasladaron o material co que se vai a traballar dende agora e a forma das clases, ademáis de ofrecer xa unha primeira clase básica por parte de Alberto Luaces.


As clases de formación terán lugar os sábados pola mañan e un día pola semana inda por concretar, e que comezaran despois de Reis, para deixar aos rapaciños/as sobre todo disfrutar destas datas de Nadal e pasar a concentrarse dous días a semana unha vez terminen estas datas entrañables en familia. Os pequenos/as inscritos ata agora van desde os 5 ata os 12 anos. 


Tamén acudirá unha vez o mes un Gran Maestro de Xadrez e árbitro, co fin de dar unhas clases maxistrales e ir preparando aos membros do equipo para as vindeiras competicións que para os máis pequeniños/as serán en poucos meses, para entrar no mes de xuño nun circuito de torneos de xadrez por distintos concellos da provincia da Coruña.


Os Coordinadores da actividade ven con moita ilusión aos rapaciños/as e xa vislumbran futuros grandes xadrecistas entre eles, pero onde se lles transmite a través da formación que o máis importante é que disfruten e se apaixonen con este xogo.


 Sigue   aberto o prazo de inscrición para os socios/as, fillos/as e netos/as dos socios/as, e nas vindeiras semanas estudiarase a posibilidade de que poidan inscribirse rapaciños que non teñan pais e nais e avós de socios/as, co fin de dar a oportunidade a todos os interesados/as do Concello de Camariñas, e que terá unha pequena cuota mensual e que serán admitidos/as por orden de entrada de inscrición ata un máximo inda por concretar. Para os socios/as e fillos/as e netos/as será gratuita. 


As persoas interesadas poden acudir as oficinas do Club Náutico de luns a venres de 18,00 h. a 20,00 h. ou chamando ao móbil: 618 950557.


(Na imaxe, Alberto Luaces, durante a primeira charla aos membros do equipo XADREZ NÁUTICO-CAMARIÑAS)


Xadrez nautico camariñas 151218