A canción de "Camariñas" chega a todo o mundo coa BBC e a cantante Julie Fowlis

|


A noticia de  La Voz de Galicia demostra de novo que a canción de "Camariñas" é máis universal que nunca.


Nesta ocasión, é gracias a cantante escocesa Julie Fowlis que tivo a oportunidade de incluir a canción de "Camariñas" no seu repertorio e ademáis de interpretala no Royal Albert Hall e retransmitida pola BBC, agora leva a canción popular do noso pobo por todo o mundo aproveitando a presentación do seu último disco "Alterum".


Según conta na entrevista para a edición de "Fugas" de La Voz de Galicia, Julie Fowlis escoitou pro primeira vez a nosa lingua gracias a un amigo que tamén é músico, Gillebride MacMillan. Nun festival coincidiron con Rosa Cedrón que cantou Camariñas e dahí ven o flechazo coa canción camariñana universal.


Según indica Julie Fowlis estaría encantada de coñecer Camariñas, e sería de esperar que en pouco tempo poida estar por aquí, presentando a canción e agradecerlle que incluira no seu disco a canción de "Camariñas" que así percorre todo o mundo e chega aos nosos paisanos que están espallados por moitos países dos cinco continentes ademáis de poder abrallar a millóns de persoas de todo o mundo que inda non tiveron a oportunidade de achegar ao seus oídos esta fermosa canción nosa.


Sin dúbida, unha gran nova para despedir este 2018, e aproveitamos dende esta páxina dixital de avantetoda.com para desexar a todos un gran ano 2019 cheo de boas novas e alegrías. Que así sexa. 


PINCHA AQUÍ PARA VER O VÍDEO EN YOUTUBE


PINCHA AQUÍ PARA LER A ENTREVISTA NA VOZ DE GALICIA




Camariñas juliefowlis