Nos vindeiros 3 anos, Camariñas poderia baixar dos 5.000 habitantes

|


Os datos poboacións non melloran na Costa da Morte, a excepción de Carballo, Laracha e Cee. E no caso concreto do Concello de Camariñas neste 2018 seguimos marcando outro ano máis en negativo en canto a perda de poboación.


Dende o ano 1994, o Concello de Camariñas ven de perder unhas 2.543 personas empradonadas ( de 7.865 pasouse a 5.322), é decir unha perda de máis dun 33% en 24 anos.


Os parámetros que nos deixan os últimos 10 anos, e que de seguir esta tendencia, nos vindeiros 3 anos, o Concello de Camariñas baixará dos 5.000 habitantes, feito que provocará menores ingresos para distintos servizos por parte do Estado. Nese caso, xa se encontran dende fai uns anos e sin que haxa remedio, os concellos de Fisterra, Cabana, Zas e Muxía. Incluso tamén Dumbría e Laxe poderian baixar dos 3.000 habitantes.


Si comprobamos a serie poboacional do Concello de Camariñas dende o ano 1900, vemos que o ano con máis persoas empadronadas foi en 1970 ( 7.865 persoas), e dende o ano 1994 o descenso foi continuado todos os anos, agás no 2009 e 2010. 


Entre o periodo 2010-2018, a perda por ano vai dende os 58 do periodo 2010-2011 ata os 100 do 2013-2014.  Neste último ano ( 2017-2018) a perda alcanza os 97 habitantes. É fácil adiviñar que de non variar esta tendencia, feito difícil nas circunstancias sociais deste século XXI, o crecemento vexetativo seguirá en negativo e por tanto, nos vindeiros 3 anos o número de empadronados no Concello de Camariñas, irremediablemente baixara dos 5.000.


Outros datos que nos deixan as estadísticas do INE, é que o 78,13% dos empadronados naceron en Camariñas, o 15,41% proceden doutras zonas de España e casi un 6,46% proceden doutros países, sobre todo, Arxentina, Reino Unido, Senegal, Marruecos e Venezuela.



Documentación: INE / La Voz de Galicia





Vista aerea camariñas