O Maestro e árbitro Oscar de Prado estará este sábado co equipo do Xadrez Náutico Camariñas

|


Finalmente, según informan dende o Xadrez Náutico Camariñas, será este sábado, 5 de xaneiro, a partires das 11,00 h. cando o profesor e árbitro de Xadrez Oscar de Prado Rodríguez, poida visitar as instalacións da entidade náutica para dar unha primeira charla de gran interese para os membros do equipo do XADREZ NÁUTICO-CAMARIÑAS.


Para ese día, están convocados todos os inscritos, tanto adultos como os máis pequeniños/as, co fin de poder achegarse aos importantes coñecementos dun destacado xogador de xadrez galego e cun impresionante currículum do que aquí aportamos algunhas pinceladas:


Monitor de xadrez homologado pola Federación Española de Xadrez, Técnico deportivo de nivel I pola Xunta de Galicia e a FEDA 2014; Maestro FIDE (con 1 norma de MI) da Federación Internacional de Xadrez ( cun ELO superior a 2250), árbitro autonómico de Xadrez pola FEGAXA 2004. Pero hai máis... campeón de España por equipos de 1ª División co club Ajedrez de Cambre en 1996 e con boas clasificacións noutros tantos torneos galegos, e como monitor ten unha experiencia de máis de 25 anos en diversos colexios, clubes e asociacións. É presidente do Club Xadrez Arteixo, director da escola municipal de xadrez e organizador do OPen internacional Concello de Arteixo. Colabora ademáis con numerosas revistas especializadas e diarios dixitais, así como webmaster da páxina www.pokeryajedrez.com e o seu canal en Youtube. En 2015 presentaba o seu primeiro libro " O Sistema Londres". 


En definitiva, todo un luxo para a sección de Xadrez do Club Náutico de Camariñas que coordinan Alberto Luaces e José M. Olveira, e onde os inscritos para participar nos cursos de iniciación e básicos, e onde poderan preguntar e achegarse dunha forma moito máis profunda a este apaixoante mundo do xadrez.


Aqueles rapaciños/as que estén interesados/as en inscribirse poderan facelo mesmo este sábado, a partires das 11,00 h., sendo gratis para os fillos/as e netos/as de socios/as e para as persoas que non teñan pais/nais ou avos como socios/as só teran que abonar 10 € por mes como cuota por participar nos cursos e co equipo do XADREZ NÁUTICO CAMARIÑAS. A inscrición será por riguroso orden de data da solicitude, ao ter prazas limitadas. 


As persoas interesadas en inscribirse no XADREZ NÁUTICO CAMARIÑAS e asistir a esta charla do Maestro Oscar de Prado , poden poñerse en contacto a través do móbil 618 950557 ou o correo fenaucam@gmail.com .


Documentación: Club de Ajedrez Tico 


Oscardeprado ajedrez











Comentarios