Comezan as clases de XADREZ para adultos e pequeniños/as en Camariñas

|

Nota de prensa do Club Náutico de Camariñas- Sección: XADREZ NÁUTICO-CAMARIÑAS


Dende a sección de Xadrez do Club Náutico de Camariñas (XADREZ NÁUTICO-CAMARIÑAS), desexamos transmitir aos medios de comunicación a programación establecida para este ano 2019, despois da visita efectuada polo Maestro FIDE, árbitro e organizador, Oscar de Prado Rodríguez, este mesmo sábado, 5 de xaneiro, e onde poido charlar e dar unhas primeiras leccións cos rapaciños/as así como indicar unhas pautas das clases aos coordinadores da actividade.


As clases para os rapaciños/as e adultos terán lugar dous días a semana, e comenzaran esta misma semana despois de Reis. Se procederá a inscrición da sección de Xadrez do Club Náutico de Camariñas na Federación Galega de Xadrez (FEGAXA) co nome de Xadrez Náutico-Camariñas e onde tamén federaremos aos primeiros xogadores/as do Club.


Todos os rapaciños/as que o desexen así como adultos, poden integrarse nesta sección de Xadrez, sendo gratuita para socios/as e fillos/as e netos/as de socios/as, e para os que non sexan socios/as ou non teñan pais, nais ou avós como socios/as, só teran que abonar unha cuota de 10 € /mes.


En Semana Santa o Xadrez Náutico-Camariñas organizará un 1º Torneo Aberto, para seguir participando en maio-xuño no IV Circuito Intercomarcal que ten lugar en pobos da provincia da Coruña e entre eles varios da Costa da Morte que finaliza no mes de outubro, onde participan xogadores de toda Galicia e doutras Comunidades Autónomas ademáis de ser válido para ELO internacional.


Ademáis, no mes de xuño, terá lugar o Torneo FENAUCAM (Feira Náutica de Camariñas) con importantes premios e numerosos patrocinadores e que xa entrará no IV Circuito Intercomarcal e rematando cun último torneo especial no mes de novembro (a semana do 10 de novembro) con motivo da Semana dos Naufraxios.



O Xadrez Náutico-Camariñas inicia por tanto a súa andadura con toda a forza do mundo para poder representar a Camariñas e o Club Náutico e dar unha oportunidade aos máis pequeniños/as para coñecer e disfrutar do apaixoante mundo do xadrez.


(Na imaxe, Alberto Luaces, un dos coordinadores da actividade, dando a primeira clase aos inscritos/as no XADREZ NÁUTICO CAMARIÑAS)


Xadrez nautico camariñas 151218