Dende o Xadrez Náutico Camariñas, sección deportiva do Club Náutico de Camariñas, coordinada polos directivos do Club, Alberto Luaces e José M. Olveira, informan dos días e horas das clases e entrenamentos para os adultos e rapaciños/as que estén inscritos.
TODOS OS LUNS E SÁBADOS, DE 18,00 H. A 19,30 H.
LUGAR: CENTRO DE INICIATIVAS EMPRESARIAIS- AULA 8 (PISO 2º)
A aula foi cedida gratuitamente polo Concello de Camariñas para levar a cabo as clases, e onde os rapaciños/as e adultos poderan ir aumentando os seus coñecementos no mundo do xadrez e ir preparándose para os vindeiros torneos que terán lugar a partir de Abril.
Recordamos que todas as persoas que desexen inscribirse nestos cursos, poden acudir nos días de clase para formalizar a inscrición ou acudir as oficinas do Club Náutico ( de luns a venres, de 18,00 h. a 20,00 h.). Para os socios/as e fillos/as e netos/as de socios/as son gratuitas, e os que non sexan socios/as, ou fillos/as e netos/as de socios/as únicamente abonaran 10 €/mes.
Tamén poden solicitar información chamando ao móbil: 618 950557 ou a través do correo: fenaucam@gmail.com.