A XXIX Mostra do Encaixe presenta en FITUR cartel e vídeo promocional

|


A Feira Internacional de Turismo (FITUR) que se celebra no Parque Ferial Juan Carlos I de Madrid acolleu hoxe, mércores 23 de xaneiro, a presentación oficial da XXIX Mostra do Encaixe de Camariñas, que se celebrará do 17 ao 21 de abril.

A presentación deste evento recoñecido internacionalmente no mundo da moda tivo lugar dentro do espazo que TourGalicia lle cede á Costa da Morte a través da CMAT (Asociación de Turismo da Costa da Morte). Alí a alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, puxo en relevo “o atractivo turístico da Mostra do Encaixe no mundo da moda e o folclore dos bolillos entre diferentes xeracións”.

Ademais, tamén se deu a coñecer o cartel oficial e o vídeo promocional desta edición. Baixo o lema ‘Cando todo encaixa’, no spot pode verse como é a vida e as paisaxes galegas o lugar onde se proban as pezas. “A vida repártenos emocións, familia, traballo, viaxes... e somos nós os que temos que colocalas en tal sentido para que o día a día flúa, é todo Encaixe”, explicou Sandra Insua.

En referencia ao spot, a alcaldesa, na súa exposición destacou “ o encaixe é o fío que une as etapas felices da vida, que sen sabelo, transmite non só beleza, senón que pode ser sostén emocional de moitos deses momentos felices”.

A primeira edil, que estivo acompañada do concelleiro da Mostra, Sergio Caamaño, e da directora do Museo do Encaixe, Dolores Lema, agradeceu á CMAT e ao seu xerente a cesión do espazo para a presentación da Mostra. 


VÍDEO PROMOCIONAL XXIX MOSTRA DO ENCAIXE





Documentación: texto recollido de camarinas.net



Cartelmostra XXIX 2019 a



Cartelmostra XXIX 2019