O Xadrez Náutico Camariñas xa conta coa seu emblema de equipo

|


O Club Náutico de Camariñas a través da súa sección deportiva de Xadrez (XADREZ NÁUTICO CAMARIÑAS) acaba de facer público o seu emblema que representará ao equipo nas competicións tanto de equipo como de forma individual aos membros do mesmo.


O emblema inclúe a bandeira do Club Náutico de Camariñas sobre unha peza de xadrez, a Torre, e e de forma circular aparece o nome do equipo, situando no centro as iniciais NC.


Polo demáis, siguen as clases no Centro de Iniciativas Empresariais ( 1º andar, Aula 4) por parte dos coordinadores do equipo, Alberto Luaces e José M. Olveira, luns e sábado ( de 18,00 h. a 19,30 h.) para os máis pequeniños e con nivel iniciación e básico, mentres que martes e xoves (de 17,30 h. a 19,00 h.) están os rapaces e rapazas de nivel medio en adiante. 


Tamén os sábados, a partires das 19,00 h. teñen lugar partidas de adestramento entre os membros do equipo e mesmo con todas aquelas persoas que lles guste o xadrez e queiran disputar partidas, contando ademáis cun ordenador  conectado cunha páxina web que permite disputar partidas on line con xogadores/as de todo o mundo.


Os membros do equipo estanse a preparar para a disputa do seu primeiro torneo en Semana Santa coincidindo coa celebración da Mostra do Encaixe.




Logo Xadrez Náutico Camariñas jpg