A Feira Naútica de Camariñas (FENAUCAM 2019) sigue sumando apoios a todos os niveis

|

Nota prensa da Organización FENAUCAM 2019:


Dende o Club Náutico de Camariñas desexamos trasladar información sobre a III Feira Náutica de Camariñas (FENAUCAM 2019) que terá lugar os días 14, 15 e 16 de xuño no porto de Camariñas ao carón das instalacións do Club Náutico.


Este mes de xaneiro douse inicio aos contactos e negociacións con patrocinadores e colaboradores e será agora a partir do mes de febreiro cando comenza a laboura de contacto coas empresas e entidades interesadas en acudir a esta importante cita náutica, única destas características en todo o norte de España.


Tamén se está en contacto con distintas empresas francesas e nacionais, despois de acudir aos eventos náuticos de París, La Rochelle e Barcelona, esperando que as negociacións poidan dar frutos e sexa necesario a ampliación das instalacións que en 2018 chegaron a máis de 1.200 M2 baixo carpa.


Xa podemos confirmar que nesta edición haberá stands de importantes fundacións, como é o caso da Fundación TITANIC e tamén estará participando a destacada Fundación EXPONAV (Fundación para el Fomento del Conocimiento de la Construcción Naval y de las Actividades Marítimas) ubicada en Ferrol a cal, ademáis de información sobre a súa actividade no propio stand, disporá na zona de exposicións de impresionantes maquetas navais relacionadas con tipos de barcos mercantes e que se unirá así as demáis entidades, museos e asociacións que tamén seguirán este ano ocupando espazo nunha das zonas más visitadas da Feira Náutica.


En canto aos patrocinadores-colaboradores, xa están confirmados, a Deputación da Coruña que volta a confiar en FENAUCAM de forma inda máis destacada que o ano pasado, así como ABANCA, a espera de pechar a colaboración da Xunta de Galicia que será tamén vital para sacar adiante todos os proxectos e actividades previstas para esta 3ª edición.



Como novidade, nesta edición invitarase aos colexios e institutos da comarca para que poidan acudir os rapaces e rapazas a inauguración e visita a Feira Náutica prevista para o venres, 14 de xuño, facilitando dende a organización da Feira os medios de transporte e con actividades especiais para os máis pequenos/as nese día inicial de FENAUCAM. 


Outros medios que incluiron a información:


quepasanacosta.com

La Voz de Galicia



CJ23C2F5 23532

(Fotografía: La Voz de Galicia)



FENAUCAM Cartel GAL2