I Torneo infantil de Xadrez Mostra do Encaixe organizado polo Xadrez Náutico Camariñas

|

Nota de prensa do XADREZ NÁUTICO CAMARIÑAS:


Dende a sección de Xadrez do Club Náutico de Camariñas (XADREZ NÁUTICO CAMARIÑAS) presentamos o cartel oficial do I Torneo Infantil Mostra do Encaixe de Camariñas e que se levará a cabo o día 20 de abril, sábado, de 16,15 h. a 20,00 h. na Casa de Pedra sendo organizado pola sección do XADREZ NÁUTICO CAMARIÑAS do Club Náutico e o CLUB XADREZ ARTEIXO, colaborando na súa realización ademáis o Concello de Camariñas e Conservas Boya.

O Torneo que será dirixido por Óscar de Prado Rodríguez, será con sistema de xogo “Suizo a 6 roldas” e con partidas de 10 minutos con 3 segundos de incremento.


Haberá categorías sub-8 (Prebenxamín), Sub-10 (Benxamín), Sub-12 (Alevín) e Sub-14 (Infantil), con trofeos para os tres primeiros clasificados de cada categorías, trofeos para o millor xogador/a local de cada categoría e regalos patrocinados polas entidades colaboradoras.

Poderan inscribirse ata o 19 de abril ou ata chegar ao tope de xogadores/as. A inscrición é gratuita e pode facerse a través do e-mail: pokeryajedrez@gmail.com ou nos móbiles de contacto: 617234393 / 618950557, debendo indicar nombre e apellidos e data de nacemento.



En relación ao Xadrez Náutico Camariñas, que xa participará con máis dunha decena de xogadores neste I Torneo Infantil, os membros do equipo de nivel medio e avanzado, poideron asistir este xoves a unha charla do maestro Óscar de Prado Rodríguez, onde ademáis de estudar xogadas e recibir consellos, se celebraron partidas simultáneas e que foron de gran axuda para seguir a formación dos rapaces e rapazas do Xadrez Náutico Camariñas.




CARTEL XADREZ 2019


(Na imaxe, o maestro Óscar de Prado dando este xoves unha clase aos rapaces e rapazas do Xadrez Náutico Camariñas na aula que utilizan no Centro de iniciativas empresariais)


Fotografia clase 28021 oscardeprado