Este 9 de marzo, sábado, reapertura do Bar Náutico de Camariñas con actuación musical

|


Según comunican dende a Directiva do Club Náutico de Camariñas, este sábado, 9 de marzo, terá lugar a partires das 19,00 h. a reapertura do Bar Náutico e que contará coa actuación musical do grupo "Los Presentables", un grupo de xóvenes que fan versións de Alaska, Sabina, Raphael, Perales, etc.


Sin dúbida, a ocasión ben merecía a actuación musical para dar a benvida a un novo Club Náutico de Camariñas que pouco a pouco vai transformando a súa imaxen, que viña xa dende case fai 30 anos, e ademáis do gran cambio da zona do Bar, presentará algúns cambios na parte do Salón náutico e cunha explanada renovada que dará moita vida nos meses de bó tempo. 


Dende a Directiva do Club Náutico, piden disculpas aos socios/as e tamén os clientes habituais do Bar Náutico, polo tempo de espera, pero que este sábado esperan que se poida decir que a espera valio a pena. O propio Presidente do Club Náutico, Martín Castiñeira Pérez, tamén desexa que "todos disfruten das novas instalacións do Club Náutico e que sigan sendo un referente náutico e turístico non só da Costa da Morte sénon tamén en  Galicia". 


Dende a concesionaria do Bar Náutico, Chus Ramos, tamén desexan dar a benvida a todos os seus clientes e amigos/as para que poidan acompañalos este sábado, e disfrutar do bó ambiente e da boa música de "Los Presentables". 


Comeza a nova vida do Club Náutico de Camariñas do século XXI e que iniciará a súa andadura este sábado a partires das 19,00 h. 


(Na imaxe, o Presidente do Club Náutico de Camariñas, Martín Castiñeira Pérez)

Martin Castineira Perez do Club Nautico de Camarinas