Exitosa e impresionante reapertura do Bar Náutico de Camariñas

|


Este sábado 9 de marzo, pasará a historia do Club Náutico de Camariñas, pola exitosa e impresionante reapertura das súas novas instalacións, neste caso do BAr Náutico, que foron apreciadas por centos de persoas asistentes a este primeiro día de arranque, e que significou unha total unanimidade entre os asistentes, con felicitacións e halagos polo gran cambio manifestado nas instalacións do Club Náutico, a espera de finalizar a explanada coa instalación da nova entrada e da colocación da ancla nunha pequena rotonda, amén dun muro de bloque blanco que separará a zona da explanada da zona de almacéns e vela. 


Ademáis, o acto de reapertura contou con numerosos socios/as e clientes habituais e persoas de todas as idades que non quixeron perderse este acontecemento social e que da paso aos prolegómenos do que será unha gran Semana Santa coa Mostra do Encaixe como protagonista principal e onde miles de visitantes se achegaran a Camariñas para admirar a nosa artesanía universal e o noso patrimonio.


E para este día especial, non podía faltar a boa música, co grupo "Los Presentables" que deron conta dun bo número de cancións versionando diversos estilos e que se sumou ao éxito xeral da velada. 


Dende a Directiva do Club Náutico, presidida por Martín Castiñeira, trasladaron a súa satisfacción pola gran asistencia a este día importante para a entidade, e o agradecemento polas felicitacións e parabéns que recibiron os membros da Directiva presentes no acto. Asi mesmo, queren agradecer de forma especial a presencia dos expresidentes do Náutico e socios fundadores que tamén ofreceron as súas felicitacións polos cambios importantes levados a cabo nas instalacións.


Tamén, a concesionaria, Chus Ramos, da as gracias a todos as persoas que acudiron ao evento, e quedando xa aberto o Bar Náutico para todas as persoas que desexen estar nun rincón moi mariñeiro, moi preto do mar e cunhas características que acompañan as instalacións que a converten nun referente turístico a nivel comarcal e provincial.


(Na imaxe, Adriana, pouco antes da inauguración do Bar Náutico)


Reapertura barnautico 090319





   Este 9 de marzo, sábado, reapertura do Bar Náutico de Camariñas con actuación musical
   I Torneo infantil de Xadrez Mostra do Encaixe organizado polo Xadrez Náutico Camariñas
   Aberto o prazo as entidades e empresas para a III Feira Náutica de Camariñas (FENAUCAM 2019)